Suplusa recuperará 500.000 euros pola construcción das Residencias

O Presidente de Suplusa e deputado non adscrito, Manuel Martínez, avanzou esta mañá que Facenda decolverá á Sociedade Urbanística uns 500.000 euros en concepto do IVE que a propia sociedade liquidou na construcción das residencias da terceira idade da Deputación, excepto a da Fonsagrada. “Creo, por tanto, que debemos de felicitarnos pola xestión realizada, pois esta cantidade supón unha inxección económica para que Suplusa poida seguir investindo na provincia”, considerou Martínez.

O tamén alcalde de Becerreá explicou que o proceso para recuperar ese IVE, arrancou hai preto dun ano cando decidiron recorrer os impostos que a sociedade pagara de máis e que eran superiores aos que esixía a lei. A resolución a ese recurso chegou á sociedade a pasada semana. Para Martínez, esto demostra que a xestión da entidade provincial está a ser “excelente, pese as mentiras, manipulacións e informacións terxiversadas”, asegurou.

O salario en Suplusa

Asemade, o presidente de Suplusa, valorou tamén as declaracións dos socialistas de Becerreá que aseguraron que Martínez podería cobrar uns 163.000 euros anuais ao percibir un salario de 40.800 euros como alcalde de Becerreá, e, segundo os socialistas outros 72.000 euros polo seu posto de presidente de Suplusa e outros 50.000 como deputado.

Manuel Martínez aclarou ante os medios esta mañá que el, ata o momento, non percibiu ningún salario como presidente da Sociedade Urbanística ou como deputado provincial. Asemade, lembrou que todos aqueles que ostentaron o cargo de presidente de Suplusa sempre cobraron un salario que nunca se tratou de altas cantidades senón dunha cantidade “moi inferior” á que lle ofrecían “cando querían que me prostituíse para o goberno provincial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com