Técnicos de Emerxencias da Mariña aseguran que o 061 mente ao decir que mellora o servizo

A xerencia do 061 asegura que pode cubrir A Mariña cos dous helicópteros medicalizados que hai na comunidade (un en Ourense e outro en Santiago de Compostela) algo que, segundo denunciaron esta mañá os técnicos de Emerxencias Sanitarias (TES) da Mariña, “saben que é completamente falso”.

Precisamente, a comarca do litoral lucense é unha das poucas zonas de Galicia que se atopa fóra dos isócronos – liñas imaxinarias que marcan as zonas ás que chegaría o helicóptero no mesmo tempo-. Os técnicos aseguran que a presenza de H3 e H4 (os helicópteross) na comarca da Mariña “é testemuñal2, pois só voan cando as condicións meteorolóxicas e de visibilidade son boas, algo que, coa habitual néboa da Serra do Xistral dáse poucas veces.

Como exemplo, os técnicos puxeron a colisión múltiple da A-8 en Mondoñedo en 2014, onde os helicópteros chegaron ao momento pero xa non puideron despegar para trasladar pacientes, e mesmo tiveron que pasar a noite en Abadin.

Os técnicos de Emerxencias Sanitarias da Mariña aseguran que “non é casual” que o novo modelo coincida con hospitais comarcais, “é algo que se suma no goteo de recortes que aplica a Conselleria de Sanidade á nosa comarca”, indican.

A xerencia do 061 asegura que melloran a calidade asistencial na comarca mentres recortan persoal, segundo eles un equipo de tres traballa mellor que un de catro, os técnicos fan referencia ao cartel da XXXI edición do Congreso Nacional de SEMES (Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias) onde dita sociedade como lema difunde “A Forza do Equipo”.

O recorte dun TES na Ambulancia Medicalizada da Mariña “é unha suma ao recorte de 2011, totalmente inxustificado”, da Ambulancia Asistencial de Foz, o número de servizos continúa á alza e os Técnicos mariñáns aseguran que os recursos en moitas ocasións xa non son suficientes para atender a demanda. Aseguran que a calidade “empeora” e que con esta nova medida “a Xunta fai que os veciños da nosa comarca sexan cidadáns de segunda respecto a outras zonas de Galicia”.

Os tecnicos critican que solo reciben contestación a través dos medios de comunicación. Os Técnicos de Emerxencias despois de facer que un vídeo difundido en redes se fixese viral seguirán coas protestas e aumentarán a presión social na campaña electoral.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Manuel Quiroga Lopez
    Mai 08, 2019 - 07:33 PM

    Haber poder poden,agora que sexa efectivos non é eso xa o saben os do 061

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com