" />

Tremor en Monterroso

Esta madrugada ás 2 horas e 28 minutos púidose escoitar en Lugo e outros lugares da provincia,  un forte bruído e o tremor de galerías e xanelas. Segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional isto debeuse a un terremoto de intensidade 4.1 e a 12 Km de profundidade que se produciu esta madrugada, as 2.28 minutos, no Concello de Monterroso. O sismo, como queda dito, notouse en diferentes puntos da provincia, así como en Lugo capital, onde nalgunhas casas que están a veira do Miño  as casas renxeron.

 

 

 

Foto: Instituto Geográfico Nacional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo