" />

Tino Saqués fai efectivo o pagamento de 1,6 millóns de euros para adquirir as accións da Deputación e do Concello

O empresario Tino Saqués fixo efectivo esta mañá o pagamento de 1,6 millóns de euros na Tesouraría da Deputación Provincial de Lugo, correspondentes á adquisición de 150.000 accións que estaban en mans das institucións, Concello de Lugo e o propio organismo provincial, dende a conversión do equipo en Sociedade Anónima Deportiva. Ambos os dous organismos tiñan o 49% dos títulos do club.

Dende hoxe, Tino Saqués convértese no máximo accionista do C.D.Lugo co 57,5% do capital social. Realizada a adquisición, agora completarase un mero trámite administrativo no Consello Superior de Deportes, que debe certificar que o empresario non ten participacións noutro club da Liga de Fútbol Profesional.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo