Todo a punto para a Gala Lucus Moda 2015

Os lucenses están a volcarse novamente coa Gala Lucus Moda xa que case todas as entradas dispoñibles foron vendidas e o cheo total está practicamente asegurado. A cita, que se celebra mañá ás 21:00 horas no Círculo das Artes, reunirá a máis de 500 persoas, entre profesionais, asistentes e medios de comunicación, asegurando o éxito dun evento que une, á súa natureza de escaparate do mellor da moda, o deseño e a artesanía lucense co feito de ter carácter benéfico, posto que a recadación íntegra da venda de entradas irá destinada ao Fogar do Transeúnte da capital luguesa.

A sexta edición da Gala, que será presentada pola coñecida actriz lucense, Mariana Expósito, contará coa participación de 6 deseñadores, 16 firmas de artesanía e 9 perruquerías, que amosarán as súas novas creacións, inspiradas nesta ocasión pola Mariña Luguesa, nun evento que se ten revelado como dinamizador do sector da creatividade lucense.

Este ano os asistentes poderán gozar do orixinal espectáculo de danza de Yolanda Paz, titulado Le fleur. Se ben o espectáculo dará comezo ás 21:00 horas, o público asistente poderá acceder ao Salón Regio do Círculo das Artes a partires das 20:30 horas. Antes de tomar asento, os que o desexen poderán obter un recordo do evento posando para os fotógrafos presentes no xa tradicional photocall. Todas as imaxes estarán dispoñibles posteriormente na web da Deputación de Lugo.

Os alumnos da Fundación TIC seguirán todo o que aconteza dentro e fóra da pasarela coas súas cámaras, de xeito que a gravación da velada tamén estará a disposición dos interesados na web citada, malia que tamén poderá ser visto a traveso das canles de televisión que emitirán a Gala en datas vindeiras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com