Todo preparado para o inicio do Arde Lucus 2016

Xa está todo preparado para a décimo quinta edición do Arde Lucus, que esta tarde comezaba coa apertura das portas da cidade. Inícianse pois os catro días desta festa de recreación histórica que este ano está previsto que congregue na cidade de Lugo a unhas seiscentas mil persoas dende hoxe e até ao domingo.

O programa desta décimo quinta edición conta cunhas 400 actividades. Hoxe xoves, a pesares da ameaza de chuvia, os asistentes poderán gozar de actividades como os desfiles de tropas polo centro da cidade, o aceso do lume sagrado na Praza Maior ou do Convívium, que terá lugar ás dez da noite na praza de Santa María.

Ademais, os sete campamentos instalados polas distintas asociacións ocuparán algúns dos principais emprazamentos dacidade.

Con motivo da gran afluencia de visitantes, a Policía Local reforza o seu dispositivo de seguridade. Hoxe xoves reforzaranse as quendas de tarde e noite, nas que haberá 40 axentes. O venres e o sábado reforzaránse todas as quendas, acadando os 82 axentes. O domingo manterase o dispositivo especial de seguridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com