Todos os Deputados doarán o 30% do seu soldo do mes de abril

O Goberno da Deputación de Lugo decidiu doar o 30% do salario do mes de abril dos 13 deputados e deputadas do PSdeG e do BNG que conforman o Executivo provincial para paliar os efectos derivados da crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19. Asemade, os deputados provinciais do PP de Lugo tamén doarán o 30% do seu soldo de abril e indemnizacións por asistencia a órganos colexiados da Deputación para loitar contra o COVID-19. O grupo provincial quere agradecer tamén toda a axuda e doazóns que particulares e empresas da provincia está realizando.

O Executivo provincial quere que a cantidade que doen dos seus salarios se destine a paliar os efectos derivados do impacto da crise do coronavirus. “Estamos nun momento no que cómpre fortalecer a nosa sanidade pública, o estado de benestar e a reconstrución económica e social. Como representantes de todos os veciños e veciñas da provincia ao fronte desta institución debemos seguir tomando medidas políticas no ámbito social e económico para paliar a crise, fixémolo e seguirémolo facendo, pero tamén creo que debemos amosar que podemos poñer o noso grao de area persoal nesta causa”, afirmou o Presidente, José Tomé Roca.

Pola súa banda, o importe correspondente á doación dos deputados provincias do PP irá destinado á compra, por medio da Xunta de Galicia, de material sanitario para a loita contra o coronavirus.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 07, 2020 - 08:01 PM

    E non vos dará vergonza doar o 30%. Facedelo para saír na prensa e na foto. Hasta para eso sodes miserables, non sabedes nada de genorasidade. É eso que moitos vides de familias ben humildes, pero cando chegados a cima se vos resetea o cerebro. Unha persoa non debe perder nunca a súa identidade, nin renegar dos seus orixe es. É coma dixen sodes uns patans e uns miserables

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com