" />

Toni Otero fai balance da situación deportiva do CD Lugo

O director deportivo do CD Lugo, Toni Otero, fixo balance esta mañá da situación do primeiro persoal e de distintos aspectos relacionados co ámbito deportivo do club. Indicou que hai varios xogadores que acaban contrato como: Dani Mallo, Víctor Marco, David Aganzo, Jonathan Vale, Alvaro Pena, Yago Díaz, Ernesto  Gómez, Manu e Toni Rodríguez.

Deles, o Club está a facer todo o posible, “un importante esforzo”, para que os dous últimos, Manu e Toni, continúen en Lugo a próxima tempada. “Eles teñen as propostas do Club encima da mesa.

“Nós tentaremos por todos os medios  que sigan connosco pero dentro do orzamento que ten o Club, que é moi axustado, e por tanto, entendo que agora son eles os que teñen tamén que facer o esforzo”, indicou Toni Otero.

A maiores destes xogadores, hai outro cinco aos que tamén se lles acaba a cesión no Club como Seoane, Pelayo, Luís Fernández, Borja Gómez, e Lolo Pla. Neste sentido, a dirección deportiva está en contacto con diversos clubs para chegar a acordos sobre posibles cesións de xogadores.

Tamén indicou que nestes momentos teñen contrato co CD Lugo: David López, Israel Porto, David Ferreiro, Manuel Pavón, Iriome e Damau, ademais de Jon García e De Coz que renovaron en febreiro deste ano.

Indicou que o actual Consello renovou a Fernando Seoane, Carlos Pita e José Juan, ademais de fichar a Igor Martínez, e executar a cláusula que estaba no contrato de Pablo Caballero para continuar unha tempada máis. Estes homes únense ao de Pedrosa que seguirá vinculado ao Club aínda que, nestes momentos, podería ser xogador do primeiro persoal ou do equipo filial.

Sobre este aspecto, explicou que antes do 30 de xuño preténdese pechar o acordo, como data tope, coa Polvoreira para que sexa o filial e anunciou que existe un acordo co Somozas para, aínda non sendo filial, “cederlles xogadores do CD Lugo”.

No tocante a ás futuras incorporacións, o director deportivo indicou que se prevén entre seis e sete, e que nestes momentos trabállase para reforzar varias posicións como a de porteiro, lateral esquerdo, central, e dianteiro.

Toni Otero subliñou na súa comparecencia que o orzamento co que se parte nestes momentos para configurar o persoal é de 2,9 millóns de euros, aínda que, polo déficit co que se pode pechar esta tempada que acaba de concluír (2014-15) esta cantidade podería baixar. O presidente, Tino Saqués, está a traballar -comento Otero- para que “o Club poida dispor finalmente da mesma cantidade que a pasada tempada. En todo caso temos que axustar o persoal a esas cantidades”.

Outro dos nomes polos que se lle preguntou a Toni Otero foi polo de Serantes, actualmente no Leganés, co que se está negociando a recisión de contrato. Comentou que o gardameta Roberto Selecta é unha das opcións que manexa o Club.

Asemade explicou que un dos obxectivos da nova dirección deportiva e o Consello é potenciar o fútbol basee, e que a canteira forme parte importante do Club, mellorando tamén as instalacións. Lembrou que mañá xoves, ás 20.30 horas, no Pazo de Feiras, haberá unha reunión informativa sobre as escolas lucenses dirixida tanto aos pais dos nenos que xa están nas escolas como aos que aínda non forman parte delas. Anunciou a súa intención de establecer convenios con colexios e clubs non só de Lugo senón de toda a provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo