Torneo Internacional de Xadrez de San Froilán e I Torneo Escolar de San Froilán

Mañá comeza o I Torneo Internacional de San Froilán de Xadrez de ritmo lento. Xogarase a cinco roldas e cada xogador dispoñerá para xogar a súa partida de noventa minutos máis trinta segundos por xogada. O torneo disputarase no albergue Lug 2 e dará comezo mañá ás 17 horas. Este torneo está organizado pola Concellería de Deportes e conta coa dirección deportiva da Escola Luguesa.

Inscribíronse cento dous xogadores, dos cales, oitenta e tres teñen ránking internacional o que demostra a forza que terá o torneo. Será unha gran ocasión para a canteira lucense poder xogar contra xogadores cun alto nivel axedrecístico.  Entre os que podemos atoparnos a catro grandes mestres, tres mestres internacionais e sete mestres fide. Como é lóxico, a comunidade galega é a que máis xogadores achega e a Escola Luguesa de Xadrez é o club que máis xogadores achega, máis de corenta.

Os favoritos serán os españois David Lariñoy Orelvis Pérez, o serbio Strokovich e  o arxentino Alejandro Hoffman. En canto aos lucenses os máis fortes serán Julio González, Carlos Casares e Jesús Do Barrio. Cabe destacar que o mozo xogador da Escola Luguesa de Xadrez Pablo López que acaba de chegar do Campionato do Mundo tampouco se perderá esta importante cita do xadrez lucense.

Torneo Escolar San Froilán

O principal obxectivo destes torneos é potenciar o xadrez na cidade de Lugo, e paralelamente ao Internacional, a Concellaría de Deportes organiza un torneo Escolar para que os máis novos teñan a oportunidade de contrastar os seus progresos. Este torneo desenvolverase o sábado a partir das 16:30 no Albergue Lug2, cada xogador disputará  cinco partidas de quince minutos. Agardase que neste torneo participen máis de 70 xogadores.

A inscrición que é gratuíta poderase facer ata o xoves ás 16 horas no e-mail xaquedrum@gmail.com.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com