Touriñán será pregoeiro da Feira de Artesanía dos Muíños en Mondoñedo

O humorista, actor e presentador Xosé Antonio Touriñán será o pregoeiro da Feira da Artesanía dos Muíños que se vai celebrar en Mondoñedo o sábado 27 de xullo. A alcaldesa en funcións, a popular Elena Candia, agradece a boa disposición do humorista, que xa se ten convertido “nun embaixador da nosa cidade”.

O recoñecido cómico xa estivo en Mondoñedo noutras ocasións, concretamente participou nun percorrido que organizou o Goberno local para celebrar a declaración do Camiño Norte como Patrimonio Mundial. Na visita, Touriñán coñeceu da man da alcaldesa, Elena Candia, os principais reclamos da cidade, con parada obrigada na Catedral e excursión ás Covas do Rei Cintolo. O actor estivo tamén en Mondoñedo para ofrecer o seu monólogo, un espectáculo que resultou un éxito.

A Asociación de Artesanía Os Muíños organiza a Feira en colaboración co Concello de Mondoñedo. Elena Candia afirma que o evento servirá para promocionar os seus produtos, os seus oficios e o barrio en xeral, “un lugar emblemático da cidade de Mondoñedo que seguimos a rehabilitar e potenciar”.

No barrio dos Muíños consérvase un alfar, un taller de cantería, un taller de títeres, un estudo de serigrafía e un taller de ferro; de xeito que se converte nun espazo único no que se conserva vivo o espírito do seu pasado artesanal a través de diversas actividades económicas.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Xuñ 03, 2019 - 03:08 PM

    Moito que moer

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo