Tractorada

Logo de cinco días de tractorada e en medio deste monumental balbordo, comezan a agromar algunhas cuestións de fondo que Xornaldelugo xa anunciou o día antes do comezo das mobilizacións na capital lucense. Estas ían no senso de que poderían producirse algunhas circunstancias que deran ao traste coa unidade de acción que se ven produciendo nos últimos anos entre gandeiros e sindicatos. E semella que isto se está a sustanciar na negativa a participar na tractorada de Santiago dos gandeiros concentrados en Lugo, aínda que tamén é certo que a convocatoria de Compostela estaba destinada principalmente a gandeiros das comarcas limítrofes.

Nas últimas horas en Lugo, os concentrados comezan  a falar de deixar de entregar o leite ás fábricas,  esta acción podería ser un xeito de presión importante para sentar a negociar ás centrais leiteiras, que en definitiva son as que teñen a chave para subir o prezo do leite aos produtores, polo que é posible que esta proposta se eleve por riba doutras e se poña en práctica; haberá que agardar acontecementos.

Esta podería ser unha opción que dera os seus froitos. Pola  contra,  se o xoves os gandeiros da tractorada de Lugo  non conseguen uns resultados acaídos ao esforzo e custo que para eles tivo manter a medio ritmo de traballo ñas súas explotacións durante unha semana, se o conseguido non acada as expectativas e esforzo realizado, e posible que a esperanza que agora existe nos concentrados se torne frustración e se isto sucede poida que haxa sorpresas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com