Trascastro, aldea modelo para a recuperación produtiva de zonas abandonadas

O Consello Reitor da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González, aprobou hoxe formalmente a declaración de cinco novas aldeas modelo en Galicia. Entre elas, está Trascastro, no concello do Incio.

Estes núcleos súmanse ao ourensán de Osmo (Cenlle), co que xa son seis as aldeas modelo declaradas na nosa comunidade. En total, esta medida permitirá actuar en case 138 hectáreas, correspondentes a máis de 3.800 parcelas de preto de 800 propietarios. Estas aldeas modelo son proxectos de mobilización de terras dirixidos á posta en valor e á recuperación produtiva de zonas maioritariamente abandonadas, na contorna de núcleos de poboación, de xeito que esa posta en valor sirva tamén para previr os incendios forestais nesas zonas.

A Xunta traballará nunhas 14 hectáreas de Trascastro, para destinalas sobre todo á gandaría extensiva. Esta superficie estrutúrase en 178 predios de 104 propietarios.

A Consellería do Medio Rural recibiu xa 47 solicitudes para poñer en marcha aldeas modelo ao longo de toda Galicia. Delas, atópanse en trámite máis de 20, que suporán a posta en valor de máis de 620 hectáreas, repartidas en case 13.000 parcelas duns 3.200 propietarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo