Trasladan en helicóptero a un home tras sufrir un accidente cunha máquina en Taboada

Debido ás lesións ocasionadas, os servizos sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que trasladou ao ferido ao Hospital de referencia.

Sucedeu nunha finca, en Leitagro, en Almuíña, no concello de Taboada, onde o operario realizaba traballos cunha máquina agrícola.

Ao fío das 18:30 horas, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaba ao 112 Galicia, a saída da aeronave cara o punto anteriormente indicado. Indicaban que se trataba dun home que sufrira un accidente coa máquina coa que estaba traballando.

Desde o 112 Galicia informouse da situación á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade, que nada máis chegar, confirmaron a evacuación do home na aeronave.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com