Tres días para mercar o agasallo de Nadal máis solidario no “Diversiarte”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e outros edís da Corporación Municipal, visitaron este mércores os 16 postos do mercado solidario Diversiarte, que acollerá ata este vernes, ás 20:00 horas, a Praza Anxo Fernández Gómez. Trátase da décimo primeira edición deste mercadiño organizado por preto de 30 asociacións da cidade, para impulsar o traballo que relizan estes colectivos.

Durante a visita, a rexedora ensalzou o papel “vivo e dinámico” do movemento asociativo da cidade. Así mesmo fixo fincapé na solidariedade, que une ao  Concello e ás asociacións, e que non soamente debe durar ao longo do Nadal senón ao longo de todo o ano. Tamén quixo agradecer o traballo altruísta das asociacións, que a sociedade necesita se quere seguir avanzando en igualdade. Para rematar, Lara Méndez convidou a toda a cidanía a mercar un agasallo cheo de solidariedade neste mercadiño, pois todo o recaudado neste mercado irá destinado ao labor social dos diferentes colectivos participantes para que continúen a traballar en prol da igualdade real e efectiva.

Neste mercadiño pódense atopar todo tipo de obxectos realizados polos asociados e asociadas a Alcer Lugo, Alucem, Adil, Centro San Vicente, Asociación Española Contra o Cancro, ALUFI, AFALU, ASPACE Lugo, Fademga Plena Inclusión, Bule Bule, Asociación de Persoas Xordas de Lugo, Asociación Parkinson de Lugo, ASPNAIS, COGAMI, Raiolas, Alcohólicos Anónimos, SOMOS Unidos contra el Cáncer, Alusor, ANADE, Asociación Espñola del Síndrome de Wolf-Hirschhorn, Bonhomía, Capaces, FEAFES, Down Lugo, ONCE, Alume, Asociación Galega de Lupus e Adace LugoDiversiarte inclúe tamén mostra de artes plásticas de ANADE e lecturas de contos escritos por persoas con diversidade funcional, así como un taller de decoración de galletas por Raiolas. Así mesmo, o último día haberá unha actuación musical.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com