Tres persoas resultan intoxicadas co gas dunha cociña de leña

Tres persoas tiveron que ser atendidas polos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias despois de producirse un escape de gas nunha cociña de leña na súa vivenda en Lugo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as persoas intoxicadas tiveron que ser trasladadas ao hospital Lucus Augusti.

Os feitos ocorreron no número 152 da rúa Garaballa de Abaixo, ao fío das 13:15 horas. Nese momento, o servizo sanitario alertaba ao 112 Galicia dunha posible intoxicación causada pola mala combustión dunha cociña de leña.

Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso aos Bombeiros de Lugo, á Policía Local e a Protección Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo