Triacastela remata as obras de adecuación da contorna do centro de saúde

O Goberno local do Concello de Triacastela vén de rematar as obras de adecuación da contorna do centro de saúde.

A actuación enmárcase no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos rubricado entre as administracións locais e a Deputación de Lugo e supuxo un investimento de 33.750 euros. En concreto, as obras supuxeron a renovación do firme exterior do centro de saúde, así como o reacondicionamento do parque infantil do que poderán gozar todos os nenos e nenas.

Tamén se fixo unha zona de aparcamento para que os vehículos se poidan resgardarse da chuvia ou do sol. Tamén se dotou dunha varanda a zona do aparcamento.

A actuación foi executada pola empresa Jesús y Páramo S.L.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com