Turismo de Galicia destina 50.000 euros para que o Concello de Lugo sinalice as parroquias do Camiño Primitivo

Turismo de Galicia destina 50.000 euros ao Concello de Lugo para a sinalización turística das parroquias que atravesa o Camiño Primitivo no municipio. Así o confirmou hoxe o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que incidiu na importancia de potenciar os recursos turísticos e culturais “para diversificar a economía rural”.

Esta medida de Turismo de Galicia enmárcase dentro da orde de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), en liña co Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Segundo explicou Balseiro, as axudas teñen por obxecto “consolidar a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”. Deste xeito, engadiu, “aproveitamos outro mecanismo de reequilibrio territorial, e ao mesmo tempo, incidimos no tipo de turismo que queremos desenvolver na provincia: accesible, sustentable e de calidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo