" />

Últimas prazas para participar nas actividades deportivas gratuítas para a mocidade lucense

Últimas prazas para participar nas actividades deportivas gratuítas de verán e dirixidas á mocidade lucense. Para o total de 1.032 prazas dispoñibles, xa se recibiron preto de 800 solicitudes. As inscricións continúan abertas a través de: http://formulario.xuventudelugo.gal/ e a asignación realizarase por rigorosa orde de entrada. As actividades, que deron comezo o 11 de xullo e estenderanse ata o 3 de setembro, inclúen: clases de iniciación ao piragüismo, iniciación ao kaiak polo, rutas en kaiak, paddle sup, barco dragón e acrosport, un deporte que combina acrobacia e coreografía.

As actividades actuáticas están impartidas polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e parten da escola, situada baixo a ponte nova do río Miño, dispoñen, así mesmo, de vestiarios e baños axeitados. Para poder participar nelas é imprescindible ter coñecementos de natación. Mentres que a actividade de acrosport será impartida pola escola de danza Gravity, o día 27 de xullo na na Praza de Augas Férreas. Descrición das actividades:

Dragon Boat
O Dragon Boat é unha modalidade do piragüismo, de orixe chino e de máis de 2000 anos de antigüidade. Practícase en equipo, conformado por 10 ou 20 padexeiros, máis un timonel que dirixe o barco e un tambor, que marca o ritmo de padexo. Un aspecto moi destacado desta modalidade é que non é necesaria experiencia previa, cunhas nocións básicas de seguridade de técnica son suficientes para a súa práctica, o que abre un abanico de posibilidades moi amplo en canto á súa práctica.
Paddle Sup
O paddle sup é un xeito de desprazamento sobre a superficie da auga, empregando para elo unha táboa sobre a que o deportista permanece de pé, e utilizando unha pa como medio de impulsión. É un deporte acuático que ganou moita popularidade nos últimos anos, podendo
prácticarse en calquera sitio onde se dispoña dunha lámina de auga e a calquera idade. A actividade consistirá nunha toma de contacto co sup race, familiarizándose co material a empregar (táboa, pa, chaleco, etc.) e as medidas de seguridade que se deben respectar.
Rutas en kaiak
Esta actividade consistirá na realización de varias rutas, previamente establecidas, en kaiak autovaciables, sempre baixo a supervisión e dirección dun monitor. Para esta actividade planifícanse tres rutas diferentes no Miño no entorno de Lugo:
– Ruta no entorno da Escola de Piragüismo de Lugo, entre a área recreativa dos Robles e o Caneiro do Rei Chiquito, esta ruta é a de menos dificultade e a duración prevista da mesma e de 1,5 – 2 horas.
– Ruta entre a traída das augas e o caneiro do Pepito, esta ruta, plantexa algo máis de dificultade ca anterior, tanto polas características do río neste tramo como pola súa duración, que se estima en 2 – 2,5 horas.
– Ruta entre o caneiro de Santa Isabel e o caneiro do Piago, esta ruta é a que máis dificultade plantexa, o percorrido é máis longo cas anteriores, sendo a duración estimada de 3 horas.
Iniciación ao kaiak polo
O kaiak polo é un deporte acuático que se practica en equipo (de 5 deportistas), consiste en introducir unha pelota nunha portería elevada que se sitúa nun campo acotado, para elo os deportistas desprázanse nun kaiak, a pelota pode manipularse empregando a pa ou as mans. É
un deporte cuncha ampla implantación, que conta con ligas a nivel nacional e autonómico, aparte de competicións tamén de ámbito internacional.
Iniciación ao piragüismo
Por medio desta actividade preténdese dar a coñecer á poboación un deporte con tanto arraigo en Lugo como o piragüismo, e que tantos éxitos trouxo, tanto á cidade coma a Galicia, na forma de medallas olímpicas, mundiais, europeas, etc. Esta é unha modalidade na que o aprendizaxe ten que ser progresivo, por elo a iniciación realízase en kaiaks de promoción, moito máis estables que os de competición, para que os participantes collan confianza e poidan evolucionar cara embarcación máis rápidas.
Acrosport
O acrosport é un deporte que combina acrobacia e coreografía. Trátase dunha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia desde 1999. No acrosport existen tres elementos fundamentais: formación de figuras ou pirámides corporais; acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como transicións entre as figuras; e, finalmente, elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo