Últimos días para apuntarse ao torneo de fútbol sala feminino do Rábade FSF

As rapazas do Rábade Futsal Feminino organizan para o vindeiro sábado, día 31 de marzo, o II Torneo de Fútbol Sala Feminino que se celebrará no municipio rabadense entre as 09.00 e as 23.00 horas. Todos aqueles equipos que desexen participar teñen aínda ata o xoves día 15 para apuntarse na competición na que só quedan 4 vacantes pois tiñan estipulado un máximo de 9 equipos. Para apuntarse, os equipos débense poñer en contacto co club organizador e aboar unha taxa de inscripción de 20 euros.

A presidenta do club, María Veiga, resaltou o apoio do Concello de Rábade que colaborou co equipo para a organización deste torneo ademáis de apoiar ao equipo durante todo o ano para axudarlles a competira na liga 1º Galicia Feminina. Asemade, Veiga destaca a colaboración dos bares da zona grazas aos que “se farán vales desconto de bebida e comida para os equipos”.

Os premios estipulados segundo as bases do encontro consistirán nun trofeo e 100 euros para o primeiro clasificado; ao  segundo, ademáis do trofeo corresponderanlle 50 euros para o club e o terceiro levará a casa un trofeo. Segundo anunciou o Rábade, ningún equipo marchará coas mans baleiras pois o propio club entregará un detalle a cada participante.

Rábade FSF

O equipo de fútbol sala feminino de Rábade naceu hai 3 anos e este é o segundo ano que organizan este tornea. Con seis equipos participantes na competición do ano pasado, a súa presidenta asegurou que “esperamos seguir medrando” e recibir máis equipos para este ano. Ademáis, o equipo quere, para as vindeiras convocatorias deste torneo, poder recibir máis apoios que fomenten o deporte feminino ademáis de poder ampliar convocatoria a toda a fin de semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com