Últimos días para inscribirse no Ben Empregado 4, máis social

Últimos días para inscribirse nos 188 novos postos de traballo para lucenses no paro en todos os sectores, que xera na provincia o Goberno da Deputación co Ben Empregado IV, máis social. Os interesados poden facelo ata o 19 de febreiro, inclusive, a través da oficina da Axencia de Colocación da Deputación en San Marcos, na plataforma web (https://deputacionlugo.portalemp.com/index.php?lng=gl) e nos Rexistros Provinciais.
Esta cuarta edición do Ben Empregado, que financia en solitario o Executivo Provincial con 2,4 millóns de euros, permite financiar durante un ano os custos laborais de novos traballadores en empresas e asociacións da provincia. Tendo en conta as peticións dos solicitantes que resultaron beneficiados do Ben Empregado IV, o Goberno da Deputación financiará ao 100% os custos laborais de 19 lucenses no paro con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social, ao 90% os de 39 persoas sen traballo que serán contratadas en colectivos e asociacións e ao 50% a 130 veciños desempregados que comezarán a traballar en entidades
da provincia.

3 liñas de financiamento

– O Goberno da Deputación ofrece o 100% da axuda ás entidades que contraten persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Son 19 as empresas que solicitaron esta liña e resultaron beneficiadas e que contratarán a outros tantos lucenses desempregados en dita situación.
– O Executivo Provincial ofrece o 50% da axuda ás empresas que contraten a lucenses actualmente no paro en xeral. 130 entidades optaron por esta liña de financiamento e contratarán a outros 130 veciños da provincia en situación de desemprego.
– A outra liña de financiamento está dirixida exclusivamente a colectivos sociais da provincia, aos que se lles ofrece o 90% da axuda para reforzar a súa actividade social con veciños no paro. Son 39 asociacións as que resultaron beneficiadas e polo tanto poderán contratar a 39 novos traballadores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com