Últimos días para inscribirse na primeira proba do XIX Circuíto Larsa Corre con Nós

Últimos días para inscribirse na primeira proba do XIX Circuíto Larsa Corre con Nós, que arrinca o sábado 19 coa carreira nocturna polo casco histórico. As e os corredores interesados en participar aínda poden anotarse, ata este domingo, 13 de xaneiro, na web oficial deste circuíto, www.correconnos.com.

Esta primeira proba terá lugar a partir das 18:00 horas, con saída dende o fondo da Praza Maior e, como vén sendo habitual, haberá distintas categorías: minibenxamíns, benxamíns, infantís e adultos. Concretamente, ás 18:00 horas será a saída das e dos participantes da primeira categoría, que percorrerán unha distancia de 300 metros, a segunda categoría, dende as 18:10 horas, unha distnacia de 1.125 metros, e a terceira, dende as 18:20 horas, 1.900 metros. Por último, os adultos partirán ás 19:00 horas e terán que correr unha distancia de 3.800 metros.

A recollida dos dorsais poderase facer o xoves 17, venres 18 e sábado 19 en Dechathlon Lugo, colaborador do circuíto, no seu horario comercial. Para estar ao tanto das novidades, noticias e resultados do Circuíto Larsa Corre con Nós, o Concello ten a disposición unha App gratuíto desta rpoba, tanto para versión Android como IOS, que pode descargarse de www.correconnos.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com