Últimos días para inscribirse na ruta que Xuventude organiza na Ribeira Sacra

Últimos días para anotarse á ruta que Xuventude organiza este sábado, 22 de agosto, pola Ribeira Sacra. A mocidade de 14 a 35 anos interesada en participar aínda se pode anotar en xuventude@lugo.gal Trátase dun percorrido, duns 15 quilómetros, polas terras situadas entre o Río Miño e o Canón do Sil. Os mozos e mozas interesados en participar poden facer ata o venres as súas inscricións, a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta. A participación, que é gratuíta, seguirá a seguinte prioridade e por rigorosa orde de inscrición: Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar). Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do contrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda).  Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes. E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade. O punto de partida e de chegada é a Casa da Xuventude.

A saída é ás 09:00 horas. O material obrigatorio preciso para a actividade é a máscara cubrebocas e recoméndase levar botas de montaña de caña alta, con membrana impermeable; roupa cómoda para unha actividade no medio natural acorde á época do ano, mochila, auga, bastóns de trekking, roupa de reposto, xantar, gorra, protector solar e lentes de sol e xel hidroalcohólico ou desinfectante.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Juan Martinez
    Ago 17, 2020 - 01:48 PM

    @010lugo Boa iniciativa

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com