Últimos días para presentar ofertas para a descontaminación dos solos do Carme

O Concello de Lugo advertiu hoxe da conta atrás para presentar ofertas para as obras de descontaminación dos solos do barrio do Carme, que ten como fin de prazo este xoves día 17 de xaneiro. Trátase dunha iniciativa incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) de Lugo, denominado Muramiñae e cofinanciada nun 80% con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Con estas tarefas, que son unhas das primeiras obras da estratexia DUSI en saír a licitación, unha vez que se concluíu a xestión da redacción dos proxectos; o Goberno cumpre unha das necesidades históricas do barrio: eliminar os verquidos non controlados, e deste xeito o impacto que estes teñen na contaminación medioambiental e tamén na estética urbana.

Para elo, contémplase a construción dun pozo de bombeo na rúa Vicedo, na súa parte baixa, que recollerá as augas de escorrentía da propia vía e as dos dous colectores existentes nesta zona que verten directamente ao Rego dos Hortos, para levalas á rede xeral de saneamento, a través do pozo de rexistro existente na rúa Santiago. Así, elimínanse dous verquidos incontrolados de efluentes contaminantes, ademais das augas escorrentías que danan a calzada da rúa Vicedo. A actuación levará consigo tamén o propio acondicionamento da rúa Vicedo, mediante a regularización da rasante,a colocación de pavimento, e a execución de cunetas nos laterais.

Trátase dunha inversión que fará de Lugo unha cidade máis saudable e sostible. Ademais, segundo explicou a rexedora local, Lara Méndez, “estas obras constitúen un exemplo claro de como os Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), poden mellorar a vida dos luguesas, neste caso revitalizando un barrio senlleiro, no corazón da cidade, O Carme”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com