" />

Un ciclista perde a vida ao ser atropelado por unha furgoneta en A Pastoriza

Un ciclista faleceu esta tarde despois de que o seu vehículo colidise contra unha furgoneta na Pastoriza. Os feitos sucederon no punto quilométrico 9 da LU-122, uns minutos antes das cinco. Foi, nese momento, cando o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través dunha persoa particular.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que malia mobilizar un helicóptero medicalizado ata o lugar do sinistro, tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista.

Ademais, os xestores do CIAE 112 Galicia deron conta do accidente á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e ao GES da Pontenova.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo