Un ciclista sofre lesións ao caer e bater contra a beiravía en Samos

Un ciclista resultou ferido de consideración ao caer e bater contra a beiravía na LU-633, ao paso pola localidade lucense de Samos. O ferido tivo que ser evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña en helicóptero.

O suceso produciuse ás 16:30 horas de hoxe, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir asistencia médica uxente para o ciclista que, por mor do golpe, perdera a consciencia. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos profesionais sanitarios, que puxeron en marcha o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Unha vez que lograron estabilizalo, o ciclista foi trasladado na aeronave con dirección ao complexo hospitalario da Coruña.

Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Sarria, así como aos axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo