Un cupón da ONCE rematado en 13 deixa 210.000 € en premios en Bahamonde

O número 13, en contra do que se dí, foi a sorte da localidade de Bahamonde (Lugo), ao deixar, un cupón da ONCE rematado nesa cifra, 210.000 euros en premios. A sorte chegaba onte a 25 puntos da xeografía española cando o número premiado xerou unha chuvia de premios que salpicou a todos os clientes que pediron, directamente, ese remate aos vendedores.

En Galicia, a sorte deixou premios na Coruña e en Lugo. Concretamente, na localidade de Bahamonde o sorteo deixou seis cupóns premiados con 35.000 euros cada un, o que supón un total de 210.000 euros en premios.

José Luis Álvarez Álvarez, un mozo con diversidade funcional física que, dende fai cinco anos, vende os productos do xogo da ONCE como ambulante, nos municipios de Guitiriz e Begonte. Os cupóns premiados vendeunos a un grupo de xente en Bahamonde, entre os que había clientes habituais e persoas que estaban “de paso”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com