" />

Un día calquera

A miña dieta informativa diaria precisa de regulación e control para ter unha vida saludable. Polas mañás, desaxún con información política, debates, que hai uns días se centraron na posible revisión do delito de sedición para non ter que mollarse na concesión dun indulto. E, cara ao mediodía, o acordo entre os pais de Julen, o neno que morreu hai un ano, e o propietario do terreo, previo pago de 180.000€. Quedei descolocado, ou pola resaca das novas do día anterior ou con mal corpo polas novidades.

Ao mediodía, os medios adorméntannos antes de benefactora siesta coa racion diaria de violacións, asasinatos machistas, abusos, xuizos mediáticos… de xeito que ata as novas tráxicas dos temporais chegaban amortiguadas.

Pola tarde, repaso na prensa escrita temas que nos desbordan: maltrato a Galicia polo impago da débeda, aumento aos funcionarios, o enésimo debate sobre a educación sexual, o Ave que non da chegado, ou o deputado do Bng no Congreso que non vai á inauguración da lexislatura por coidar que non ten sentido…

E un, aliviado por non terlle caido na cabeza ningunha das lousas e uralitas que o vento derrubou eses días, confortouse con novas que respiran humanidade, como que a voceira do BNG deu a luz unha nena, ou que o Presidente da Asociación contra o cancro, o padronés Xosé Bustelo, proclame que estamos ás portas de conseguir controlar esta enfermidade.

E así un día e outro, coidando, como Astérix, que están tolos estes romanos, e que calquera día o ceo pode derrubarse sobre as nosas cabezas. Se nos cae, non nos collerá confesados, pero sí preparados, e totalmente inocentes do que nos poida acontecer.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo