Un falecido tras envorcar o tractor co que traballaba en Riabdeo

Un accidente de tractor saldouse na tarde de onte cun falecido na parroquia de San Pedro de Rinlo, no concello de Ribadeo.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 19.15 horas da tarde de onte a través da chamada dun particular. Segundo o seu relato, a vítima encontrábase atrapada debaixo do vehículo envorcado, nunha finca na Rúa Campo de Maria Mendez, á altura do número 1.

De contado, os profesionais do 112 Galicia solicitaron a colaboración do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Barreiros, da Garda Civil, da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade. Así e todo, as últimas informacións recibidas por Lugo Si Radio, apuntan a que a vítima podería ter morto antes incluso do accidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo