Un home falece en Sarria ao colidir o coche no que circulaba contra un camión

Un home e o único ocupante dun turismo perdeu a vida na tarde de onte nun choque no que se viron implicados o coche no que circulaba e un camión. Ocorreu na vía de altas prestacións que une Lugo e Monforte á altura do Oural. Segundo indicou o 112, debido ao accidente, foi necesario cortar o tráfico na vía en ambos sentidos da circulación  e desviar aos vehículos pola saída do Oural.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente en torno ás 18:25 horas, momento en que unha persoa particular alertaba do sinistro. Xa no lugar do accidente, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com