Un home perde a vida na praia da Marosa, en Burela

Un home faleceu na mañá de hoxe no concello de Burela, na Praia da Marosa.

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia, ás 11:30 horas, para informar dun bañista con dificultades para saír da auga, a causa da forte ondada que nese momento se rexistraba no mar.

Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o varón puido ser rescatado da auga, pero e a pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia desprazados ata o lugar dos feitos, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Desde o 112 Galicia, nada máis recibir a chamada de alerta, pasouse aviso aos membros de Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e á Protección Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo