Un home resulta ferido ao sufrir un accidente co tractor que manexaba en Barreiros

Un home resultou ferido esta tarde no concello de Barreiros despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba.

O suceso ocorreu no lugar de O Morteiro, en San Xusto de Cabarcos. Foi o mesmo implicado quen, pasados dez minutos das 15:30 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que necesitaba asistencia porque tivera un accidente co tractor, estaba só e aseguraba estar atrapado.

A partir de aí, decontado, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Barreiros. De igual xeito, alertaron á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os Bombeiros comunicaron que non foi necesario excarcerar. Os membros de Protección Civil axudaron ao persoal sanitario na evacuación do ferido para, posteriormente, ser trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com