" />

Un home resulta ferido despois de envorcar o tractor que manexaba

Unha persoa resultou ferida esta mañá despois de envorcar o tractor que conducía ao seu paso pola localidade de Muras.

O accidente ocorreu nunha finca situada  no lugar de Pardiñas, onde a vítima facía traballos co vehículo agrícola. Sobre as 11:30 horas, un particular informaba ao 112 Galicia dun tractor envorcado e cunha persoa ferida e accesible no interior da cabina. Pensaba que non eran precisos os medios de excarceración. Aínda así, os xestores do CIAE ademais de alertar ao 061-Urxencias Sanitarias,  puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos Bombeiros de Vilalba, que se desprazaron igualmente ata o punto.

Tras chegar ao lugar, os Bombeiros descartaron o uso do material de excarceración,  polo que, non foi precisa a súa intervención para a evacuación do ferido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo