Un incendio nun restaurante obriga a desaloxar varias terrazas no centro de Lugo

Un incendio rexistrado este domingo no establecemeto de hostalería Antas de Ulla, situado na rúa do Miño, a carón da praza do Campo, en Lugo, provocou unha importante fumareda o que fixo que  se tiveran que  desaloxar varias das terrazas situadas na zona.

Segundo as primeiras informacións, as lapas terían comezado nunha grella da cociña e axiña se propagaron ao falso teito do establecemento. A intensa presenza de fume fixo que este se estendese máis alá do propio local e afectase aos arredores.

Ata o lugar acudiron efectivos da Policía Local e da Policía Nacional, así como un camión de bombeiros, que interviñeron para controlar o incendio e evitar que puidese propagarse a outras zonas. Asemade a alcaldesa de Lugo tamén se achegou ata o lugar do sinistro para interesarse polo sucedido.

As primeiras hipóteses apuntan a que a orixe do lume, tal e como comentamos, podería estar relacionada cunha das grellas do restaurante. O incendio causou importantes danos materiais e, segundo os datos dispoñibles, o interior do establecemento quedou completamente calcinado.

Por agora, continúan as actuacións na zona mentres se investiga con exactitude como se iniciou o incendio e se avalían o alcance dos danos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com