Un lume nunha vivenda, provocado por se durmir cun secador de pelo acendido

Os bombeiros do parque comarcal de Vilalba tiveron que intervir esta mañá para sufocar un lume producido no interior dunha vivenda no lugar do Chao, en Xermade, e que puido ser provocado cando o propietario da casa se durmiu co secador do pelo acendido dentro da súa cama.

Segundo informou o CIAE 112 a alerta saltou ás 9 menos cuarto desta mañá despois de que un particular chamase ao servizo galego de emerxencias para informar do incendio. Os bombeiros comprobaron ao chegar ao lugar dos feitos que o lume afectara á cama e a unhas mantas pero non se propagara pola casa; polo restante, non houbo que lamentar danos persoais.

Unha finca arde en Viveiro

E tamén en Viveiro, tiveron que saír este domingo os bombeiros ante unha alerta, que neste caso non se desenvolveu tan ben. Os efectivos desprazados para sufocar un lume en torno ás 8 da tarde nun monte da zona viveirense de Campo de Verdes, atoparon grandes dificultades para acceder ao lugar afectado. A estreitez da pista que daba acceso ao lugar onde se rexistraron as lapas impedía o paso do camión o que, como é lóxico, provocou un grave contratempo.

Os bombeiros víanse así na obriga de extender uns 100 metros de mangueira co obxectivo de acadar o lume para bombear auga. Por sorte, só ardeu unha pequena parcela prantada con eucaliptos e que se investiga se foi produto dun descuido ou intencionado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo