" />

Un Macondo chairego

Cando Gabo (Gabriel García Marquez) creou o seu universo nese lugar ao que chamou Macondo, non pensou que de un ámbito tan local chegaría a ser tan universal. Xa o dixo o portugués Miguel Torga, qué o universal é o local sen paredes. Deso algo sabemos nos Vilares por mor do noso poeta, Xosé María Díaz Castro, que dun ámbito rural fixo de Nimbos unha das mellores o ras da poesía galega. Os Vilares ten a fortuna de ter dado á literatura galega un dos seus grandes poetas, e sobre él foron tamén moitas as publicacións realizadas, por Segundo Pérez, Armando Requeixo, Alfonso Blanco, Luís Gonzalez Tosar, Xulio Xiz ou Emilio Xosé Insua entre outros.  Pero tamén outros poetas seguiron a súa estela e teñen publicado obra de grande calidade como Xosé Antón Cascudo, gañador do prémio GZ Crea co ‘Manual do Misántropo’, Jaki Sánchez Quintela co seu ‘Delta’ ou a poeta de Labrada-Os Vilares Luz Campello con ‘Do corazón da Terra’ e o ‘Inventário do prohibido’, e con eles unha dúcia de poetas vilareg@s integrados na Nova Poesia Guitirica NPG que participaron en diversas publicacións colectivas e tamén dixitais. Publiacións como ‘A escola Habaneira dos Vilares’ do veciño do Buriz Segundo Pérez, tamén forma parte desa obra vilarega por dereito própio. Ademáis dos autores que escribiron sobre Díaz Castro e Os Vilares, e tamén os nascidos na parroquia, hai tamén un vilarego nacido en Ferrol pero coas estirpes orixinarias dos Vilares, o xorbalista parente do poeta, Man Castro, con diversos libros escritos. e a máis novidosa, ‘Lareira de soños’ de Pas Veres, podemos afirmar que Os Vilares é unha das parroquias rurais máis afortunadas do País no aspecto literario, un Macondo chairego. Lareira de soños adentrase na intrahistoria dunha parroquia do rural chairego con vivencias comúns a todo o rural galego, e dá voz a numerosas personaxes sen voz, as xentes anónimas que foron as verdadeiras protagonistas do evoluir dos tempos. Lareira de soños condúcenos a lugares que nos nutren, lugares o de temos as primeiras emocións, sensacións e experiéncias universais únjcas, sitios cos que temos unha conexión emocional profunda e as nosas raíces inalterábles, unha obra literaria que afonda na antropoloxía rural dende varias perspectivas, a xornalistica, a investigadora, o ensaio, a narrativa e mesmo a poesía. Un libro diferente que conxuntamente co documental Entrar aos Vilares de Cibrán Tenreiro que o acompaña en dvd que convirten este traballo nunha cartografía emocional na que todos nos podemos ver e sentir representados. “Historias cotiás dun pequeno mundo da Terra Chá galega, momentos percorridos polas vidas deste pequeno universo chairego, que teñen en común con outras vidas doutros lugares do mundo, as angueiras e as calamidades coas que afirman que a vida é traballo e loita”. Cada lugar do noso rural ten mil historias que contar e das que sentir orgullo, e esa recollida de historias conforman a ese cia do que somos, só precisan de moitas Pastora Veres que as recollan e as poñan ao noso servizo, como naa Lareira de soños dos Vilares, o Macondo de Pas Veres. Benvid@s tod@s á Lareira de soños!!

Antón Tenreiro Ferreiro

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo