" />

Un raio provoca o incendio dunha palleira en Baleira

Unha palleira ardeu hoxe no concello de Baleira, no lugar de Retizós. Todo apunta a que o lume foi provocado por un dos raios que caeu durante as treboadas que no día de hoxe afectaron á provincia de Lugo.

Unha persoa particular daba a voz de alarma minutos antes das 12:45 horas de hoxe. O persoal do 112 Galicia informou aos Bombeiros de Sarria e a Protección Civil. Os feitos tamén foron postos en coñecemento da Garda Civil.

Os efectivos de Protección Civil, axudados dunha motobomba, apagaron o lume contra as 18:00 horas desta tarde. Unicamente ardeu herba seca. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo