Un tren de pasaxeiros descarrila en Quiroga por mor dun desprendemento de terra

Ao fío das 21:30 horas, o 112 Galicia recibiu o aviso do descarrilamento a través de Adif. Segundo indicaba o seu persoal, os feitos sucederan entre San Clodio de Quiroga e Freixeiro, á altura do punto quilométrico 500 da N-120. Engadía que ningunha persoa estaba ferida no interior do tren.

Ningún dos 191 pasaxeiros que viaxaban no convoi resultou ferido, tras saírse da vía o primeiro eixe da primeira composición do tren. O vehículo de transporte realizaba o traxecto desde Barcelona a Vigo.

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriuse a intervención do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Quiroga e de Ribas de Sil e dos axentes da Garda Civil, que colaboraron co persoal de seguridade de Adif no transbordo dos pasaxeiros a outro tren, procedente de Ponferrada, que levou a pasaxe ata a estación de San Clodio, onde agardaban varios autobuses para levar aos pasaxeiros aos seus destinos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com