Un varón perde a vida despois de envorcar o seu vehículo en Lourenzá

Un home faleceu na pasada madrugada ao envorcar o vehículo que conducía en Lourenzá. O corpo sen vida do varón tivo que ser excarcerado.  Os feitos tiveron lugar na N-634, concretamente no punto quilométrico 582. Foi un particular quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 3:00 horas.

Nese momento, o persoal do CAE 112 Galicia informaba do sinistro a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Barreiros, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com