" />

Un vehículo bate contra unha casa en Samos e causa danos nun garaxe

O accidente tivo lugar na parroquia de Renche, en Samos. O ocupante saíu do coche polos seus propios medios, pero necesita asistencia médica.

De feito, os datos sobre este sinistro chegaron ao 112 Galicia ás 8:30 horas desta mañá mediante os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, polo que xa enviaban axuda para atender ao ferido. Pola súa banda, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Sarria, pois, se ben o ocupante conseguiu saír polos seus propios medios do coche, o impacto provocou importantes danos no garaxe que cómpre retirar, ademais de asegurar a estrutura.

Nestas tarefas continúan traballando arestora os bombeiros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo