Unanimidade do pleno para estudar a peonalización da Ronda no tramo da Mosqueira

Unanimidade no pleno do Concello de Lugo para aprobar o inicio dos estudos para acometer a peonalización da Ronda da Muralla no tramo da Mosqueira, tal e como se recollía nunha proposición formulada polo BNG.

Os nacionalistas sinalaron que esta zona se trata dunha das máis emblemáticas da cidade e a súa peonalización contribuirá, din, á súa posta en valor.

Ao inicio do pleno, a alcaldesa Lara Méndez admitía que se trata dun proceso longo que requerirá da realización de diferentes “pasos previos” como a realización de estudos e informes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com