Unha fuga de gas na descarga dunha cisterna deixa dous feridos no Hula

Unha avaría na descarga dunha cisterna que transportaba gas natural licuado no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, provocou unha fuga do mesmo.

Tras a chamada dun dos técnicos do hospital, pasadas as 13:30 horas que informaba do suceso, o persoal Centro Integrado de Atención as Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Lugo, que de contado se desprazaron ata o lugar. Ademáis, informouse da situación aos axentes da Policía Nacional, Local e a Protección Civil da localidade. Tamén, o persoal da empresa suministradora deste gas foi alertado polos xestores de emerxencias.

Unha vez no punto, controlada a fuga e analizada a situación, os servicios de emerxencia descartaron a evacuación do centro hospitalario. Así mesmo confirmouse que tras ser asistidos no servizo de urxencias do memos hospital, un dos traballadores, ferido con queimaduras, foi derivado á Unidade de Queimados do Hospital Universitario da Coruña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo