" />

Unha gandeira de Chantada, nova vicerresponsable do sector lácteo do SLG

O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 11 de xuño, o seu Congreso do Leite no Pazo de Liñares (Lalín), un evento que se encadra no décimo proceso congresual da organización agraria. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos.

Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.

O SLG abordou este congreso coa conciencia da crise crónica que sofre este sector, cun peche permanente de granxas por falla de relevo xeracional e expectativas, así como uns prezos para o produto en orixe que son sempre os máis baixos do Estado e uns dos máis baixos da Unión Europea. Segundo os últimos datos publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), correspondentes a febreiro de 2021, Galiza conta con 6.694 granxas de leite, que representan o 55% do total das existentes no Estado (12.008) e son responsábeis do 31% da produción láctea estatal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo