" />

Unha mesa redonda debaterá o proxecto integral de impulso ao turismo cultural en Lugo

A Xunta de Galicia organizou para o vindeiro sábado, 8 de febreiro, unha mesa redonda para debater o proxecto integral de impulso do turismo cultural na cidade de Lugo, na que catro participantes expresarán os seus respectivos puntos de vista en torno á idea Parador ou Museo – Parador + Museo.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que intervirán como relatores Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra; Tito Valledor, presidente do Club Fluvial, a entidade con máis número de socios da provincia de Lugo; Tito Concheiro, arqueólogo e divulgador científico; e Javier Rivera, xornalista especializado en turismo e gastronomía. A moderadora será a xornalista Mónica Santos.

A actividade comezará ás 11.30 horas no salón de actos da Delegación Territorial (Ronda da Muralla, 70) e será de acceso libre e gratuíta para todas as persoas que estean interesadas en asistir.

Balseiro animou aos lucenses a acudir a este foro, “que busca seguir achegando ideas para mellorar a capacidade da cidade de Lugo para atraer novos turistas no ámbito cultural e museístico e, para dinamizar a actividade comercial da cidade, hoxe en franco retroceso”.

O delegado incidiu en que a Xunta defende unha proposta na que conviven o Parador de turismo e o museo da romanización. “Por que non tería sentido renunciar a algún destes proxectos, cando podemos ter os dous”, dixo Balseiro.

A  proposta da Xunta resúmese en tres iniciativas: a primeira, a rehabilitación do cuartel de San Fernando para convertelo nun parador de turismo, cun espazo dedicado á musealización dos restos arqueolóxicos que apareceron neste ben, co compromiso, da Xunta de financiar o 50% do custe destas actuacións; en segundo lugar, a creación do museo da romanización, con sede principal no Museo Interactivo da Historia de Lugo  (Mihl) e funcionamento en rede co resto das infraestruturas museísticas da cidade que teñen algo que achegar sobre o pasado romano da cidade; e finalmente, en cuarto lugar e xa no barrio da Tinería, a Xunta asumiría integralmente o custe de restauración do pazo de Dona Urraca, para convertelo na primeira sede fóra de Santiago do Centro Galego de Arte Contemporánea, e financiaría tamén o cen por cen da rehabilitación da Casa da Torre, que acollería a nova oficina de turismo –con acceso desde o adarve- e a nova sede da asociación provincial de hostalería, incluído un centro de impulso da enagostronomía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo