Unha pasarela unirá o centro de saúde de San Roque e as rúas Primavera e Peña Anda

O Concello de Lugo vén de adxudicar a construcción da pasarela do centro de saúde de San Roque, en Fontiñas. Unha petición veciñal que redundará na comodidade da veciñanza á hora de acceder ao centro sanitario, xa que subsana a problemática das escaleiras da rúa Primavera.

Así o explicaron dende o Goberno local que aprobaba hoxe esta adxudicación da obra por un orzamento superior aos 220.000 euros. A empresa que presentou a mellor oferta, Urbaconsa Lugo, terá un prazo de 4 meses desde que comecen os traballos para construír esta nova infraestrutura.

“Desde a nosa chegada ao Goberno Municipal tratamos de dar a mellor solución posíbel a esta solicitude que a veciñanza da zona levaba moito tempo realizando “, explicou o Tenente de Alcalde, que engadiu que “desde a área de Mobilidade estudamos as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda”.

A solución plantexada pola súa área pasa por crear unha pasarela que una o comenzo da rampla que dá acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuízo, segundo o estipulado na normativa vixentes sobre accesibilidade e permitindo o paso de vehículos pola parte inferior. A pasarela terá un gálibo de máis de 4 metros, o que permitirá a circulación de vehículos pola súa parte inferior. A lonxitude total será de 34,68 metros. A nova pasarela permitirá, segundo declarou o Tenente de Alcalde, “unir o centro de saúde e as rúas Primavera e Peña Anda cun percorrido practicamente plano”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com