Unha persoa perde a vida en O Valadouro ao quedar atrapado baixo o seu tractor

Unha persoa faleceu tras envorcar o seu tractor e quedar debaixo do vehículo no Valadouro. O corpo sen vida da vítima tivo que ser liberado tras o accidente. Os feitos tiveron lugar nunha finca da parroquia de Santa Cruz do Valadouro, no lugar da Cabanela. O 112 Galicia recibía a alerta por parte de Urxencias Médicas ás 12:50 horas.

De inmediato, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do sucedido aos Bombeiros de Barreiros, a Protección Civil do Valadouro, ao GES de Cervo e á Garda Civil. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias nada puideron facer por salvarlle a vida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com