Unha persoa perde a vida tras unha saída de vía en Lugo

Unha persoa perdeu a vida esta noite ao saírse da vía o vehículo que conducía e impactar contra unha árbore en Nadela. Outra persoa que viaxaba no mesmo coche resultou ferida grave. Os feitos tiveron lugar na LU-546. Unha persoa particular alertaba do accidente ao CAE 112 Galicia ás 02:30 horas.

Decontado, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do suceso a Urxencias Médicas que, ao chegar, indicaba que había unha persoa atrapada. Axiña, os Bombeiros de Lugo, a Garda Civil de Tráfico, o servizo de mantemento da estrada e a Protección Civil lucense achegáronse ata o punto. Outro alertante relataba ao CAE 112 Galicia que un dos ocupantes xa estaba fóra do turismo pero quedaba outra inconsciente no interior. A dotación do parque comarcal desprazou un equipo de excarceración. Finalmente, colaboraron na retirada da vítima, pero non estaba atrapada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com