Unha vintena de empresas e operadores na Feira de Produtos Ecolóxicos de Lugo

Un total de 23 empresas e operadores de agricultura ecolóxica certificada participarán este fin de semana, na Praza Maior de Lugo na Feira de produtos ecolóxicos certificados, que organiza o CRAE.GA, coan colaboración do Concello e da Deputación Provincial. A feira quedará aberta o venres as 17,30 horas e pechará o domingo as 14.30.

No transcurso dun acto celebrado no salón de actos da sede da Deputación, en San Marcos, o presidente do CRAE.GA, José Antonio Fernández, a alcaldesa da cidade, Lara Méndez e a deputada de Medio Ambiente, Sonsóles López, presentaron o certame. Trátase do primeiro dunha serie de eles que se levarán a cabo por toda Galicia baixo a denominación de “Ágora verde”, cos que se pretende un achegamento entre os produtores e empresas e a cidadanía, como puxo de manifesto o presidente do Consello regulador, quen tamén deu conta dos importantes incrementos acadados pola agricultura ecolóxica galega, tanto en hectáreas de produción como en facturación.

O presidente de CRAE.GA enumerou cada una das 27 empresas que estarán presentes nesta edición na Praza Maior de Lugo, xunto os stands do Concello, Deputación e CRAE.GA, e recordou algún dos actos a celebrar, como talleres para nenos, degustacións, elaboración de pratos con produtos ecolóxicos. Por último, agradeceu a colaboración das institucións que fan posible a feira.

Pola súa banda a alcaldesa lucense Lara Méndez destacou a celebración como un elemento dinamizador da economía e da vida social da cidade e agradeceu os organizadores que contribúan a que Lugo sexa este fin de semana punto de encontro de toda Galicia.

En similares termos expresouse a deputada Sonsóles López, destacando a importancia do certame e recordan que a provincia acollerá outros dous, que serán os de Monforte de Lemos en agosto e Vilanova de Lourenzá, en outubro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com