O Polígono Empresarial de O Corgo outra vez sen suministro eléctrico

O Polígono Empresarial de O Corgo volveu quedar este mediodía sen subministro eléctrico unha vez máis e van…? pero isto non parece ocupar nin preocupar, nin a propia compañía eléctrica, que no caso da empresa editora deste xornal  é Unión Fenosa, nin a administración, ás que as empresas situadas no polígono se teñen dirixido para denunciar os fallos que se producen no servizo. Chama a atención que responsables desta empresa editora se dirixirán ao servizo de avarías de Unión Fenosa, para obter unha resposta de cal era o problema. Ao outro lado do telefono contestou unha persoa que dixo estar en Jérez, e logo de explicarlle o que estaba a suceder e solicitarlle falar cun superior, a comunicación cortouse de súpeto e xa non constestou ninguén. Así lle vai ao país.

Durante a tarde de hoxe, non houbo suministro, agás nalgúns intres que o fluído ía e viña o que supuxo o deterioro de sistemas informáticos, e no caso desta empresa que ten alta tecnoloxía, unha vez máis se lle estragaran a maioría dos equipos.  Pero isto tamén pasou onte, a semana pasada e a outra e así dende o ano 2010 do que se pode dar fé.

Non sabemos o que ten que pasar para que a Xunta tome cartas no asunto e obrigue a empresa a dar un servizo de calidade ou resarza as empresas, porque as compañías de seguros non queren cubrir os danos eléctricos sabendo das condicións do servizo.

Segundo puido saber este medio, hai empresas que están dubidando  establecerse neste parque empresarial, por mor dos paupérrimos servizos eléctrico e de  internet e outras que meditan abandonalo para establecerse noutro.

Así as cousas, aínda hai alguén que di que isto é Europa. Están seguros? Foron algunha vez alo?

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com