A USC abre o prazo de preinscripción para estudar un grao no Campus Terra de Lugo

O Campus Terra da  Universidade de Santiago de Compostela, catalogado, pola última enquisa sobre a calidade dos estudos de graos como un dos mellores de España, abre o prazo de preinscripción para os estudos de graos. Dentro da aposta da Deputación de Lugo polo acceso universal á educación pública de calidade,o propio goberno provincial ofrece a primeiros estudantes da universidade lucenses becas coas que financiarlles a metade da matrícula de 10 titulacións.

Os interesados teñen de prazo ata o 3 de xullo para preinscribirse e solicitar o desconto do 50% dos custos, que asume o Executivo Provincial. Toda a información necesaria se poderá atopar en www.paraestudarlugo.com, así como nas páxinas web da universidade de santiago e do ente provincial: www.usc.es e www.deputacionlugo.gal

O ano pasado, máis de 250 estudantes se beneficiaron destas bolsas de estudo do Goberno da Deputación no Campus Terra. Estas bolsas de estudo enmárcase dentro da campaña de promoción do Campus Terra e de Lugo como cidade universitaria, que Deputación e USC puxeron en marcha por cuarto ano consecutivo, baixo o nome Para estudar, Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com