" />

USO denuncia persecución sindical por parte da Fundación Semana Verde en Silleda

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obrera (FTSP-USO) atopábase durante a mañá de hoxe repartindo panfletos informativos nos que denunciaban a situación dos vixiantes do recinto á entrada do evento ‘Galicia Net R Encounter cando responsables da Fundación Semana Verde intentaron expulsalos. Á chegada da Garda Civil, os axentes decidiron que USO continuara coa súa reivindicación.

A Unión Sindical critica a actitude da dirección que “coartan a liberdade sindical dos traballadores afectados” lonxe de intentar buscar unha solución ao conflito. Dende o sindicato lembran que esta problemática comezou ao adxudicar o servizo de seguridade destas instalacións á empresa Alcor Seguridad, imputada por presunto fraude á Seguridade Social, á Facenda Pública, por tráfico de influenzas, falsidade documental e delitos contra os traballadores.

Asemade, unha vez  foi adxudicado o contrato, segundo indica USO, a compañía de seguridade incumpre o dereito de subrogación de casi unha vintena de vixiantes vinculados ao servizo, quedando no paro e obrigados a xudicializar esta situación. USO asegura que endurecerá as accións tras o episodio de “persecución sindical” vivido hoxe en Silleda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo